Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Búscanse pediatras, de verdade, para Cee

Búscanse pediatras, de verdade, para Cee
Centro de Saude de Cee Exteriores do Centro de Saúde de Cee

Coa saúde, e menos dos nenos, non se xoga.

Iso pensan todos os pais e nais do mundo, e neste caso as afectadas, de novo, polos problemas co servizo de pediatría de Cee. Pero alzala voz ás veces non é tan sinxelo. Neste caso a que se atreve a denuncialo publicamente é Mariela Santamaría, nai de dous mellizos de 7 anos que xa pasaron por 5 pediatras no Centro ceense. “Non o vexo normal, como tampouco entendo que haia só un pediatra para dous concellos, e o peor é que nin nos mire”.

O caso é que segundo denuncia esta nai, a profesional que está cubrindo a baixa da anterior pediatra (que nin sequera é a titular) “receta dende a cadeira, sen tocar aos pacientes e sen analizar posibles enfermidades”.

Mariela cóntanos a historia da súa filla. “A miña peque foi diagnosticada en Urxencias (tras varias visitas por unhas feas manchas na pel) de escarlatina, e ao levala á revisión do pediatra, esta nin se dignou a levantarse e mirar as manchas. Só nos deu un xarope para o picor… Como non quedei tranquila, tiven que ir de Urxencias do Materno Infantil, e despois de varias probas descubriron que a cousa é mais grave do que parecía, e ten unha enfermidade que se chama púrpura reumática, que se non se trata pode ter consecuencias graves en articulacións, riles e intestinos”.

Mariela tivo que tirar de amistades e do bo grupo de reumatólogos do Materno coruñés para conseguir un tratamento, pero iso non lle fai esquecer o mal trato recibido no Centro ceense. “Ata cando seguirá isto? Queremos unha solución xa para a pediatría no Centro de Saúde de Cee”.

Un problema de lonxe

O caso é que a problemática cos pediatras é complicado. Segundo María Henar Prieto, a voceira da Asociación de Pais por un Pediatra en Cee, que mesmo conseguíu 1000 firmas para solventar o problema, “a verdade é que non hai pediatras nas listas de contratación e todos os puericultores xa están contratados”. A Xerencia do Centro de Saúde intentou contratar un pediatra para cubrir a baixa por maternidade da Dra. Lamas, pero atoparoncon que as listas estaban baleiras, e contrataron á actual, que ten é o que se chama “médico de familia”, pero que sempre traballou con nenos.

María del Henar cóntanos que á reunión entre a APPC e a Xerencia, a asociación pediu que non se repetise a historia de hai 2 anos, e que había que facer un esforzo por conseguir un segundo pediatra. A xerencia explicou que a contratada o é por acúmulo, mes a mes ata atopar unha verdadeira pediatra, pero a situación é máis complicada, porque non hai pediatras.

A intención da xerencia é invitar a un dos 4 residentes que rematan en maio a especialidade, e veñan cubrir a baixa, pero seica tampouco é seguro porque hai moitas prazas de pediatría descubertas na área sanitaria coruñesa. E dado que estamos en Cee, e aquí temos un cupo desmesurado de 1700 nenos para unha profesional, pode que ningún queira vir.

A APPC propuxeron que unha das pediatras do Hospital Virxe da Xunqueira exercese no Cetro de Saúde, pero parece que negociacións entre os xerentes estanse dilatando, e que tamén no HVdX están “en cuadro”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios