Venres. 29.03.2024
El tiempo

O campamento de Orientación de Cee, unha proposta diferente

Campamento orientacion Cee 2
O campamento de Orientación de Cee, unha proposta diferente

Esta semana rematou o Programa de Orientación, Deporte e Aventura de Cee. Un campamento singular no que participaron 60 nenos/nenas de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos. A rapazada quedou encantada coa novedosa proposta, na que os máis cativos aprenderon o manexo de mapas e brúxulas sobre o terreo (na parroquia de Toba), ademáis de xogos, ximcana deportiva no areal da praia da Concha. Tamén se traballaron contidos transversais relacionados co respeto e coidado do medio ambiente (xuntamos fotos de recollida de plásticos na praia).

Dende o concello valorase moi positivamente este tipo de programas de actividades lúdico-deportivas ao aire libre para os máis pequenos, onde se mestura o “monte” co “mar”, entorno natural polo que se caracteriza Cee e os municipios da Costa da Morte.

Campamento orientacion CeeCampamento orientacion Cee 3

Comentarios