Domingo. 07.06.2020
El tiempo

Carballo, Vimianzo e Cee manteñen os Grumir con partidas da Deputación

Carballo, Vimianzo e Cee manteñen os Grumir con partidas da Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá os convenios de colaboración entre a institución provincial e os Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) que formalizan a axuda económica anual da Deputación aos concellos costeiros de Carballo, Vimianzo e Cee, para sufragar os gastos destes grupos de intervención.

Á firma asistiron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o rexedor de Vimianzo, Manuel Antelo, e a alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez.

En total, a achega para os o GRUMIR da comarca da Coruña é de 135.000 euros, correspondentes aos 45.000 euros para cada un dos concellos, cifra que, a pesar da redución do orzamento provincial, mantívose con respecto ao ano pasado. En total, o tres GRUMIR da comarca supoñen traballo para 42 persoas.

Debido á seca que sufriu a provincia durante este ano, a Deputación decidiu adiantar a firma dos convenios e, ademais, como novidade, permitirá afrontar con estas cantidades gastos que se efectuaron desde o 1 de xaneiro deste ano.

A finalidade do GRUMIR é dar respostas inmediatas a situacións de emerxencia como incendios forestais ou urbanos, accidentes de tráfico, inundacións, primeiros auxilios, asistencias domiciliarias, apoio en materia de seguridade viaria ou cooperación en axudas humanitarias.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

comentarios