Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os catro voceiros da oposición únense en Cee para lamentar a volta ao “Lamelismo máis rancio”

Margarita Lamela co seu pai o exa alcalde Lamela no pleno de investidura de 2019-Foto-Rafa Quintans
Margarita Lamela co seu pai o ex alcalde Manuel Lamela no pleno de investidura de 2019-Foto-Rafa Quintáns
Os catro voceiros da oposición únense en Cee para lamentar a volta ao “Lamelismo máis rancio”

Os catro voceiros da oposición no pleno do Concello de Cee, Antonio Domínguez García (PP); Ramón Vigo Sambade (IxCee), Serxio Domínguez Louro (BNG) e Juan R. Hermida (C´s), volven unirse para poñer en coñecemento da veciñanza “a actitude de permanente falta de respeto da señora Alcaldesa con diferentes concelleiros da oposición”.

Nun escrito conxunto, os voceiros explican: “Ao inicio do mandato pensábamos que a forma de proceder da nova Alcaldesa discurriría por cauces de respeto a democracia e de absoluto respeto a oposicición, dada a experiencia e o trato recibido na súa primeira etapa no Concello. Nada mais lonxe da realidade, iniciouse un mandato que supón unha volta ao Lamelismo máis rancio marcado polo ordeno e mando, do dedo incorrupto da líder pero en ausencia da corrección da que facía gala “papá” Lamela”.

”Non tolera dona Margarita as opinións contrarias as súas, provocando nela reaccións iracundas e levantamentos de sesións cando non ten saída ou está cansa de escoitar as argumentacións, rogos ou preguntas dos concelleiros da oposición no exercicio do seu dereito de participación e control do goberno. Quéixase de que non falamos cando ela quere, era o que nos faltaba por oír, facémolo cando o consideramos oportuno e cando vai a ter mellor difusión para que a mensaxe chegue a un maior número de veciños. Ten que entender a nosa rexidora que nós non temos, coma ela, as redes sociais do Concello a nosa disposición, nas que se permite saír retratada cun bocadillo de polo na man, na terraza da alcaldía para transmitir que o traballo impídelle comer de xeito normalizado. É verdade que lle adica moitas horas ao Concello, tamén falta lle fan, aínda que sería mellor que tivese un proxecto para Cee, ademáis da obsesión que ten pola limpeza”.

”Ao longo deste ano e medio de mandato berroulle en varias ocasións ao Voceiro do BNG no transcurso dos plenos coma a un rapaz na escola, chamoulle ignorante ao Voceiro do PP, afirmou na radio que o Voceiro de Ciudadanos non estaba cualificado para ser Alcalde, fixo diferentes insinuacións de corrupción ao Voceiro de IxCEE, esquecendo a súa participación, máis ou menos activa, nas denuncias que deron lugar a algún dos múltiples procesos que tivo que sufrir, saíndo absolto ou arquivándose todalas causas ata este intre. No último Pleno na intervención da concelleira Pilar Iglesias no punto de rogos e preguntas levantou a sesión de xeito airado e unha vez que ordeou a responsable das redes sociais que apagara a grabación, ameazou a Sra. Iglesias decíndolle que lle tiña prepadas unhas cuantas cousas para máis adiante”.

”Esta é a actitude da nosa alcaldesa que se queixa nos medios de comunicación das formas de facer política da oposición e de presuntas confabulacións que somentes están na súa mente paranoica, que de producirse serían seguindo os cauces democráticos e con toda a lexitimidade na procura do interese xeral”.

Novas relacionadas

Comentarios