Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee acolle un programa de apoio a familias de autistas

Cee acolle un programa de apoio a familias de autistas
programa coidamos-tea autismo galicia Cee acolle o programa coidamos-tea da federación de autismo de galicia Cee será un dos catro concellos nos que a Federación Autismo Galicia desenvolva o seu programa Coidamos-TEA. A primeira das actividades terá lugar o vindeiro luns na Casa da Cultura da vila. A asistencia é gratuita. O obxectivo de Coidamos-TEA, financiado pola Fundación Barrié a a Fundación Roviralta, é proporcionarlle as familias das persoas con TEA un lugar de encontro onde obter información profesional e especializada sobre o Autismo e compartir experiencias. Ademais de en Cee, o programa desenvolverase en Ponteareas, Burela e Monforte. Profesionais especializados de Autismo Galicia serán os encargados de levar a cabo estes encontros mensuais nos que se busca dar una resposta ás necesidades das familias, tales como: apoio no fogar, oportunidade de aprendizaxe, xogo e habilidades sociais, apoio psicolóxico, recursos e axudas sociais, as familias como motor e as súas experiencias. "O programa Coidamos –TEA é unha oportunidade para mellorar a atención as persoas con Autismo, tanto dende a familia como dende o seu entorno próximo, como son os servizos sociais dos seus concellos" aseguran dende a organización.

Comentarios