Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee acolle un recital de Nadal solidario que tamén se celebra a nivel mundial

Cee acolle un recital de Nadal solidario que tamén se celebra a nivel mundial
Recital en Cee

Este 21 de nadal, a Casa da Cultura de Cee acolle un recital poético de Nadal solidario, que tamén se celebra en varias partes do mundo (México, Italia, Argentina, Miami…) e do noso país (Ferrol, Lugo, Ourense, Madrid, Barcelona, Canarias…).

Na nosa bisbarra chega xa á súa 5ª edición, despois de pasar por Fisterra, Corcubión, ou Vimianzo. Trátase dunha cita de música e poesía, para a que entrada custa 3€ e o que se recade para a recén creada Cruz Vermella de Cee.

Estarán voces ben coñecidas pola comarca como os poetas Xaime Trillo, Branca Vilela, Serxio Iglesias, Suso Bahamonde, Álex López ou David Creus; ademais dos músicos Leo KcH, Juan Lema, Eloi Fraga ou Luís Ares.

Unha desas citas na que ademais de colaborar cunha boa causa, se disfruta da mellor calidade cultural que temos pola volta.

Comentarios