Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O goberno socialista de Cee aprobou os orzamentos 2019 co apoio de PP e Ciudadanos

Margarita Lamela alcaldesa de Cee nun pleno-Foto-Rafa Quintans
Margarita Lamela alcaldesa de Cee nun pleno-Foto-Rafa Quintans
O goberno socialista de Cee aprobou os orzamentos 2019 co apoio de PP e Ciudadanos

Era o seu principal obxectivo dende o comezo de lexislatura, e a nova alcaldesa Margarita Lamela, conseguiu sacar adiante os Orzamentos 2019 (actualmente estaban prorrogados dende 2016). PP e Ciudadanos demostraron que queren “sumar” e votaron a favor, mentres que IxCee e BNG votaron en contra.

Un Orzamentos que a alcaldesa non presentou aos seus compañeiros de corporación, entendendo que “non había nada que negociar”, pois quedan moi poucas partidas por asignar e están pensados para sacar adiante obras urxentes como o tema do repetidor de Lires; ou ampliar partidas agotadas como a de mantemento.

Un dos puntos máis conflitivos é a contratación a tempo parcial dun asesor/a da alcaldía que leve as redes sociais e a web municipal. BNG e IxCee focalizaron aí as súas críticas sinalando que “este posto que vostede vai crear será para obra e desfrute do partido do goberno, do PSOE”

Pero a razón principal do BNG para rexeitar os orzamentos é “a falta de diálogo”, polo que Serxio Domínguez pediulle que pensando no orzamento de 2020 si que tome en consideración ao resto de grupos municipais.

Novas relacionadas

Comentarios