Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee, Carballo, Santa Comba e Vimianzo gozarán do sabroso Menú Cultural provincial

Cee, Carballo, Santa Comba e Vimianzo gozarán do sabroso Menú Cultural provincial
dac-culura-deputacion dac-oc-cartel-menufala_vimianzo

Achéganse citas na Costa da Morte no marco da programación do DAC Outono Cultural da Deputación. 3 interesantísimas obras pasarán polos auditorios de Carballo, Cee, Muros e Santa Comba, para deleite de escolares, e tamén de maiores.

Moi didácticas son as obras “Conto de Barriga verde”, que versa sobre Manuel María, e “Retrincos de Castelao”, ambos con Fran Rei á fronte.

Pero seguramente as máis esperadas sexan as visitas de dous grandes do panorama galego, que traerán a terras costeiras o seu espectáculo etnográfico-humorístico. Carlos Blanco á fala e Luís Davila ao papel (ou á tablet) debuxarán unha reflexión sobre a realidade máis galega.

O vindeiro 25 de novembro, ás 21:30h, chega o “Menú da Fala” á Casa da Cultura de Vimianzo. Non paran de chamar ao Concello, pero non hai xeito de reservar entrada pois é entrada libre ata completar aforo, así que haberá que estar previsores e chegar pronto.

O Menú da Fala chegará tamén o 16 de decembro ao Pazo da Cultura de Carballo (ás 21:00h) e o 17 á Casa da Cultura de Cee (20:15h).

Gala da Irmandade

Especial incidencia terá a Gala da Irmandade, que terá lugar en Santa Comba, no auditorio do Multiusos, o 18 de decembro ás 19:00h.

A Gala da Irmandade é sen dúbida un dos pratos fortes do DAC-Outono Cultural 2016. Esta Gala está articulada en torno á historia e aos persoeiros máis relevantes das Irmandades da Fala.

AGala resultará moi atractiva para o público xuvenil e adulto porque conta co reclamo de primeiras figuras da música (Caxade), das artes escénicas (Luís Iglesia e Xabier Deive), da maxia (Teto), con participación local e cunha atractiva mestura de ingredientes e disciplinas: maxia, canto, danza, música ao vivo, humor e teatro. Esto é Sede de Mal, con Iglesia e Deive:

SEDE DE MAL PROMO from Culturactiva on Vimeo.

Para escolares

O 22 de novembro toca sesión completa en Vimianzo, dende as 10:00h con “O Conto de Barriga Verde” e ás 12:30h cos “Retrincos de Castelao” En Carballo. será a mesma función doble no Pazo da Cultura, con cita ás 10:00h co “O Conto de Barriga Verde” para os cativos do CEIP Xesús San Luis Romero, e ás 12:30h cos Retrincos de Castelao para os alumnos do IES Alfredo Brañas. En Muros, a doble sesión será o 29 de novembro, ás 10:00h co Conto da Barriga verde para os cativos do CEIP Ramón de Artaza (Muros), e ás 12:00h cos Retrincos de Castelao para os do IES Fontexería. O 2 decembro chegará a caravana a Cee, nun curioso horario das 15:30h o “Conto de Barriga verde” será coas portas abertas da Casa da Cultura. O 7 de decembro, de portas abertas en Carballo, O Conto de Barriga Verde no Pazo da Cultura O 12 de decembro chegará a Santa Comba a caravana cultural, mentres que o 15 de decembro, os rapaces do IES Fernando Blanco poderán disfrutar dos “Retrincos de Castelao”.

Fonte

Comentarios