Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cee convida ao comercio local a sumarse á campaña "En Negro contra a Violencia"

Cee convida ao comercio local a sumarse á campaña "En Negro contra a Violencia"
Os vindeiros días 23, 24, 25 e 26 de novembro desenvolverase a campaña "En Negro contra a Violencia", na que participan varios concellos da Costa da Morte. Entre eles está tamén o de Cee que vén de convidar ao comercio local a que se sumen a esta iniciativa vestindo os seus escaparates de negro co fin de darlle visibilidade á campaña. Dende o departamento que dirixe Pilar Iglesias - concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego - en colaboración co CIM consideran que a situación require dunha resposta da sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Coincidindo día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra o 25 de novembro, varios concellos da Costa da Morte participarán na campaña “En negro contra a violencia”, e dentro desta iniciativa, a idea é vestir de loito as vilas, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia. A nivel particular cada persoa pode colgar nas súas ventás unha prenda de roupa de cor negra, para solidarizarse con todas as mulleres, fillas e fillos que sofren calquera forma de violencia. As persoas que desexen participar poden chamar ao teléfono: 607026795 (Conchi) ou remitir un correo a [email protected] Novas relacionadas Fonte

Comentarios