Martes. 16.04.2024
El tiempo

Cee emprede unha viaxe por poboacións costeiras dos 5 continentes

Exposicion Os Fillos do Oceano de Abanca en Cee
Cee emprede unha viaxe por poboacións costeiras dos 5 continentes

Fermosa e impactante a mostra que Abanca e Afundación traen, ata o 31 de outubro, á Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cee. «Fillos do océano» percorre, coas imaxes do fotógrafo Javier Teniente (colaborador do Faro de Vigo, Atlántico Diario, Getty Images, Médicos do Mundo…), as poboacións tradicionais costeiras dos 5 continentes. India, Senegal, Vietnam, Sri Lanka, Madagascar ou mesmo Galicia, son as protagonistas das impactantes imaxes.

“A mostra constitúe unha homenaxe a todos eses pescadores que viven do mar e para o mar e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Tamén é unha chamada de atención e de concienciación social a favor da preservación dos ecosistemas mariños, para que se regulen tanto as pesqueiras coma a contaminación marítima”. «Só así, preservando o medio, conservaranse as culturas ligadas á pesca artesanal. Un modo de vida co que, certamente, non se obteñen tantos beneficios a curto prazo como coa pesca industrial, pero que é máis sostible social e ambientalmente», sinala o fotógrafo.

O horario para visitalo é de luns a venres en horario de 09.30 a 13.30 h e de 16.30 a 19.30 h e os sábados de 12.00 a 14.00 h.

Exposicion Os Fillos do Oceano de Abanca en Cee 2

Comentarios