Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee mellorará a pista de acceso ao porto de Brens despois de 15 anos de fochancas

Cee mellorará a pista de acceso ao porto de Brens despois de 15 anos de fochancas
O estado da pista de acceso ao porto de Brens leva sendo deplorable durante anos O estado da pista de acceso ao porto de Brens leva sendo deplorable durante anos

O pasado venres o pleno ceense aprobou unha moción que implica unha obra importante, unha obra pendente dende fai máis de 15 anos.. Unha moción presentada pola voceira do grupo municipal socialista, Margarita Lamela, para incluir no Plan Único - POS da Diputación Provincial a ampliación e mellora da pista de entrada e saída a Cee e o peirao de Brens pola fábrica de Ferroatlántica, a pista une a estrada 550 (Cee - Muros) coa estrada da Sicar ó peirao de Brens.

O terreo sito o Norte da pista ou o situado a outro marxen da fábrica foi comprado polo Concello fai máis de 15 anos. Trátase dunha das vías principais de acceso a Cee e o peirao de Brens, que ademais utilizan numerosos vehículos que veñen da zona de Fisterra e queren dirixirse directamente cara Carnota sen necesidade de atravesar o centro ceense.

Serán case 110.000€ do POS da Deputación os que se investirán nesta obra para evitar as eternas fochanchas desta vía.

Fonte

  • PSdG de Cee.

Comentarios