Martes. 15.06.2021
El tiempo

Cee recitou por Palestina

Xaime Trillo por Palestina en Cee
Xaime Trillo recitando por Palestina en Cee
Cee recitou por Palestina

Medio centenar de persoas déronse cita esta pasada tarde de martes 18 de maio para amosar o seu apoio ao pobo palestino. Nun acto organizado por Galiza con Palestina, co apoio do BNG da Costa da Morte, foi Serxio Domínguez o encargado de poñer voz crítica aos máis de 60 anos de ocupación por parte do estado de Israel, e á nova escalada de violencia xurdida nestes últimos meses tanto en Cisjordania como na mísera Franxa de Gaza.

Unha escalada que deixa xa máis de 215 mortos (máis de 60 [email protected]) entre a poboación palestina e 12 nas filas israelís en pouco máis dunha semana, ademais de un franxa absolutamente debastada, despois da aplicación dunha política sanitaria en materia de pandemia de absoluto racismo.

Serxio Dominguez en Cee por Palestina
Serxio Domínguez na Praza 8 de marzo

Domínguez lamentou a falta de compromiso da comunidade internacional, a inacción da Unión Europea ante un dos conflitos máis lonxevos e públicos do hemisferio norte. Un conflito no que a acción de Israel xa ten sido xa calificada por organizacións como Human Right Watch como de “crímenes de guerra e aparheid, ante o silencio, e moitas veces desinformación, do mundo enteiro.

Puxeron a nota poética os Xaime Trillo, Suso Bahamonde, Sole Méndez ou Alex López, que leron comprometidos poemas colmados de solidariedade.

Á cita non faltou o activista Mohammed Safa, que quixo deixar que fose a poboación costeira a que expresase a súa xenreira pola barbarie que se está vivindo diante de toda a poboación occidental.

Novas relacionadas

comentarios