Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cee saca o deporte á rúa polo verán

Cee saca o deporte á rúa polo verán

Xa está en marcha o verán en Cee. E o Departamento de Deportes vén de facer público o Programa Completo do Verán Deportivo de Cee. Campamentos, Taekwondo, Baile de salón, kayak, vela, baloncesto, patinaxe, atletismo, bicicleta, piscina… unha marea de oportunidades para que os pequenos pasen o verán moi activos.

Ademais, queren facer mención á celebración da 1ª edición do Día do Deporte na Rúa, que terá lugar o sábado 19 de xullo que está dirixido a toda a familia e na que participará a maior parte do tecido asociativo que traballa co deporte ao longo de todo o ano.

As inscricións se poderan facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal ou chamando ao tel. 981 745 100 (ext. 3)

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios