Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cee tamén acollerá este mércores unha das mobilización para recuperar o Sistema Sanitario Público

  • O BNG da Costa da Morte amosou o seu apoio á mobilización.
Concentracion no Sergas
Cee tamén acollerá este mércores unha das mobilización para recuperar o Sistema Sanitario Público

Este mércores 21 de abril ducias de colectivos acompañarán á Plataformas de SOS Sanidade Pública nas concentracións que se desenvolverán por todo o país. Unha delas será en Cee, ás 20:00h na Praza 8 de marzo, coordinada pola Plataforma Pediatras e Matronas en Galicia Xa!, que acaba de estrear o seu himno.

Unha mobilización nacional pola “recuperación do sistema sanitario público galego”, con claras demandas:

  • Normalizar os centros de saude e garantir a asistencia presencial.
  • Plan para afrontar as listas de agarda acumuladas.
  • Información transparente e acceso universal ás vacinas covid.
  • Incrementar o persoal e rematar coa súa precariedade e inestabilidade.
  • Rexeitar a reforma da lei Galega de Saúde que recorta as liberdades cívicas.

Apoio do BNG

O BNG da Costa da Morte amosou o seu apoio á mobilización.


 

Novas relacionadas

Comentarios