Martes. 23.04.2024
El tiempo

Cee tamén bota patacas

Cee tamén bota patacas
pataca

A semana pasada a Xunta organizaba a primeira xuntanza informativa cos alcaldes da zona afectada pola couza da pataca. Había unha ausencia entre os concellos da zona tapón, que non pasou desapercibida para a oposición. Cee non enviou representante á xuntanza, se ben asegura que mantivo unha conservación coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.

En todo caso, para o BNG, “a ausencia do alcalde de Cee, ou de outro membro do goberno no que delegase, non demostra mais que a parálise da equipa gubernamental, que a mais de reducido en número, demostra día tras día o seu nulo interese polos problemas da veciñanza”.

O voceiro da oposición Serxio Domínguez lembran que “no noso concello, na súa parte rural, a mais de algún productor para a venda, rara é a familia que non planta patacas para abastecemento propio e dos seus familiares, polo que é evidente que de non poder facelo vai ser un lastre económico importante, e que afectará de cheo as economías familiares”.

O BNG espera que “o concello faga algo máis que coa avespa velutina, que fixo nada, e non volva demostrar a parálise do goberno de IxCee”. Así, vai presentar un escrito para convidar ao lalcade a traballar no asunto e organice charlas para os produtores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios