Domingo. 05.07.2020
El tiempo

Cee ten unha cita audiovisual coa historia da emigración

Cee ten unha cita audiovisual coa historia da emigración

Intersante e solidaria a cita que se nos prantexa para este sábado 5 de maio dende a Concellería de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cee. Trátase da proxección no Salón de Actos do Concello da curtametraxe “Casas de humo”, gañadora no Festival Posivideo 2012 do premio á mellor curta almeriense, por mostrar "el desarraigo de la emigración con hondura y elegancia", dacordo coa valoración do xurado.
Esta curta contou na co-produción e no papel principal co artista ceense Juanma Buiturón, quen tivo a iniciativa de presentalo na súa vila natal con fins benéficos, xa que a recadación que se obteña polas entradas (3 €) será destinada a Cáritas Cee.

A xornada dará comenzo ás 20.45 horas baixo o título “A emigración: viaxe de ida e volta” e nela participará ademáis de Juanma Buiturón, o colaborador desta casa, historiador e técnico de cultura no concello de Cee, Víctor Castiñeira, coñecedor, polas súas investigacións e publicacións, da temática da emigración, especialmente no referido á Costa da Morte e á emigración galega cara a Arxentina, como podemos comprobar na súa columna histórica Que pasou na Costa.

A curtametraxe está ambientada na Arxentina dos anos 40 onde Martín (Juanma Buiturón), un galego emigrante, cóntalle un día ó seu amigo Esteban (Jesús Herrera), un terratenente arxentino que o ten acollido, cómo se sinte na realidade.
A curtametraxe foi rodada preto do Castelo Santa Ana en Roquetas de Mar. Ademáis de Juanma Buiturón, actor principal desta curta, podemos ver a Jesús Herrera, actor granadino residente en Almería. A dirección correu a cargo de José Luis Estévez mentras que a dirección de fotografía estivo a cargo de Juan José Franco. O proxecto contou co patrocinio do Concello de Roquetas de Mar e a colaboración da Academia de Imaxe e Son de Almería.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.

comentarios