Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee únese baixo un paraugas común polo Día das Persoas con Discapacidade

Paraguada polo Dia da Diversidade en Cee
Paraguada polo Dia da Diversidade en Cee-Fotos- de Rafa Quintáns
Cee únese baixo un paraugas común polo Día das Persoas con Discapacidade

Este martes, día 3 de decembro, Cee celebrou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Varias asociación da zona (ASPADEX, APEM, INTEGRO, FEGEREC e AFAFES) uníronse para levar a cabo, un ano máis, unha paraguada de cores coa finalidade de representar unha sociedade plural e diversa que acolle a todos por igual.

O acto tivo lugar na Praza 8 de marzo en Cee e realizouse a lectura do manifesto de forma simultánea con outras provincias galegas. Dende as entidades agradecen a colaboración de todos os veciñ@s que se achegaron á praza co seu paraugas, que simboliza a unión do colectivo das persoas con discapacidade, que teñen unhas reivindicacións e necesidade comúns.

Na lectura do manifesto deixaron claro que son moitas as persoas que teñen algunha discapacidade, pero aínda é necesario reivindicar cuestións tan básicas como a accesibilidade, a educación inclusiva ou o emprego e para iso é necesario poñer moito esforzo e empeño.

Destacaron o seu desexo de ser parte activa da sociedade, de empoderarse para poder participar e tomar as súas propias decisións. Tamén necesitan sentirse acompañados e dispoñer dos apoios que necesitan para que se cumpran os seus dereitos.

Entidades unidas polo Dia da Diversidade en Cee-Foto-Rafa QuintansEntidades unidas polo Dia da Diversidade en Cee-Foto-Rafa Quintans 2
Fotos de Rafa Quintáns

Comentarios