Venres. 27.11.2020
El tiempo

A ceense Sabela Ramos, a Ada Byron do 2020

Sabela Ramos en Google. Foto: Xakata
Sabela Ramos en Google. Foto: Xakata
A ceense Sabela Ramos, a Ada Byron do 2020

En 2009 xa gañaba o Premio ao mellor proxecto fin de carreira con licencia libre; en 2012 recibía o Premio Anita Borg de Google e unha gran beca. Eran só os comezos dunha carreira que a levou a traballar en Youtube, ou, como agora, Google Research en Zúrich.

Falamos da enxeñeira ceense, Sabela Ramos Garea, que recibirá o vindeiro 30 de outubro, no marco da XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o Premio Ada Byron. Un premio que lembra á coñecida como a primeira programadora de ordenadores, unha matemática, informática e escritora británica do século XIX.

Un premio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para darlle visibilidade á presenza da muller no sector tecnolóxico para animar ás novas estudantes a sumerxirse nas carreiras STEM (o acrónimo dos termos inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics).

comentarios