Venres. 19.04.2024
El tiempo

Chiqui e un tranquilo teckel buscan familia en Salvacadelos

Chiqui e un tranquilo teckel buscan familia en Salvacadelos

Levabamos un tempo sen moita actividade en Salvacadelos. Pero chega o verán e volven aparecer cadelos abandonados polas nosas estradas. Hoxe, buscamos fogar para 2 novos cadeliños.

Teckel tranquilo

Estes días apareciu este teckel tan riquiño, perdido na zona de Ruibo (Cee). É un macho adulto, e parece que pode ser un gran compañeiro.

Chiqui

Este simpático can chámase Chiqui. É un macho que anda sobre dous anos. Ten historia porque foi atopado en Vimianzo tras un atropelo. Desto fai sobre tres meses pero ninguén o reclamou.

Pero Chiqui é especial. Despois de recuperarse das lesións na Clínica déronse conta de que tiña un carácter peculiar, moi medoso e pouco sociable coas persoas. Foi entón cando se comentou o problema con unha clienta e amiga da clínica, que ten tres cans acollidos e un cuarto buscándolle casa e grazas a súa experiencia cos cans e grazas ós seus propios cans, moi acostumados a tratar con todo tipo de animais, en pouco tempo conseguiu que rexurdise un novo can, chamado Chiqui.

Aí estivo Cristina, á que dende a Clínica Veterinaria Argos lle envían unha forte aperta pola súa colaboración. Agora só queda atoparlle unha nova familia a este novo Chiqui, moi simpático e agradable.

Máis información

Máis cadelos que buscan fogar

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios