Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Co mes de novembro chegan as esperadas Xornadas Micolóxicas de Pan de Raposo

Co mes de novembro chegan as esperadas Xornadas Micolóxicas de Pan de Raposo
Xornadas Micoloxicas Costa da Morte 2014

Xa están en marcha as esperadas XIV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que cada ano artella a Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo. A cita será a fin de semana 1 e 2 de novembro, xa pasadas as primeiras chuvias do outono.

Coma sempre, as protagonistas serán máis de 200 especies que de seguro son capaces de xuntar os amantes dos alimentos salvaxes da Costa da Morte para a exposición na Escola de Música de Cee, onde os José María Traba Velay e Manuel Pose Carracedo realizarán visitas guiadas. Ademais, a exposición contará tamén cos traballos feitos polos nenos dos colexios da zona.

Haberá espazo para a gastronomía, pois ambos días haberá degustación de pinchos de cogomelos no Hotel Larry.

E a parte máis formativa, a que achega a ducias de especialistas de todo o país, é a das conferencias. Abrirá a sesión na tarde do sábado na propia escola. José María Costa Lago falando dos “Cogomelos raros e interesantes”, e de seguido, ás 19:00h, o noso colaborador e gran mestre José Manuel Castro Marcote fará unha conferencia para os menos especialistas, cun bautismo de “Iniciación ao mundo dos cogomelos”, unha cita ben interesante.
Para o domingo, será Chisco Lema, o alcalde corcubionés que ten unhas xoias en forma de vídeo espectaculares, o que nos fale da “Natureza da Costa da Morte”.

Programa Xornadas Micoloxicas Costa da Morte 2014

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

comentarios