Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comezou en Cee unha feira do libro con sabor a Batallón

Comezou en Cee unha feira do libro con sabor a Batallón
Xose Neira Vilas asinando libros no posto da Lus do Candil

Xa corren as letras co espectacular programa da Feira do Libro de Cee. Dende onde, domingo 11 de agosto, e durante toda a semana, 5 casetas de librerías da zona acollerán grandes citas literarias, así como teatreiras e musicais.

Onte era nada menos que o Xosé Neira Vilas, o que abría a Feira lendo o pregón e presentando as súas obras Cancela aberta (Ed. Xerais) e Aquel neno (Embora Ed.). No pregón estivo presente a figura de Fernando Blanco, coa educación como argumento, e toda a comitiva municipal instou a deixar levar a nosa imaxinación polos renglóns.

O veterano escritor tivo paciencia infinita e pasou horas asinando libros ás portas dos postos, coma neste, da libraría "Á lus do candil", que vén dende Arteixo malia ter sangue fisterrá. Un posto que vai recibir durante estes días a outros 10 autores galegos, con gran presencia de escritores locais, como Miro Villar, Rafa Villar, Serxio Iglesias, Miguel Vázquez Freire, Rocio Leira, Rafael Lema, María Canosa, Concha Blanco ou Beatriz Maceda.

Precisamente a presenza de numerosos autores da zona provoca que haia un arrecendo a Batallón Literario, pois serán moitos os protagonistas daquelas xuntanzas dos anos 90, que se xunten de novo arredor dos postos da feira.

Outras das citas singulares será este martes 13 de agosto, ás dez da noitiña, na Rúa da Pena de Cee, dentro nas "Noites Literarias" da Feira do Libro da localidade costeira, ao ar libre. Aló vaise presentar ao público Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, que por encomenda da Asociación Monte Pindo Parque Natural, que Miro Villar tivo a ben coordinar cabo de Francisco “Chisco” Fernández Naval.

Apunten o programa e non deixen de pasar e bucear polos postos, que de seguro que atopan unha morea de xoias.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios