Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Como sigamos así, imos ter que retrasar as Xornadas Micolóxicas”

“Como sigamos así, imos ter que retrasar as Xornadas Micolóxicas”
Jose Marcote facendo unha visita guiada nas Xornadas Micolóxicas Costa da Morte de Cee de Pan de Raposo-Foto-Rafa Quintans Jose Marcote facendo unha visita guiada nas Xornadas Micolóxicas Costa da Morte de Cee en 2016-Foto-Rafa Quintans Xornadas Micoloxicas Cee 2018 Xa están aquí, un ano máis, as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Unha cita xa convertida en tradición, que cumple 18 anos (cando canda o século), pero que nos últimos tempos está tendo serios problemas co clima. Este 2018 as xornadas desenvolveranse os días 3 e 4 de novembro, na Casa da Cultura de Cee, pero a chuvia está chegando co tempo xustiño para conseguir reunir as 200 especies que o colectivo Pan de Raposo expón cada ano. “Ten que chover para que saian os cogumelos, e este ano empezou a chover xusto no límite. Fan falta alomenos 15-20 días de chuvia, máis humidade, e este baixón de temperatura que estamos vivindo estes días para animarse a saír”, explica José Castro Marcote, unha das almas das Xornadas. “Pero agora que non veña o nordés que é o que seca bastante o chan, e o pare todo”, sinala con esperanza. Un Marcote que fai unha clara reflexión sobre como está afectando cambio climático aos ciclos da micoloxía na nosa bisbarra. “Como sigamos así imos ter que ir cambiando as datas, porque ultimamente ata mediados de outubro non chove. Antes chovía sempre a finais de agosto, pero agora nin na Xunqueira chove…”, bromea. “Nos outonos nótase moito, porque os veráns se están alongando moito. Creo que xa levamos así uns 10-12 anos, nos que apenas houbo un par de setembros chuviosos”, sinala.

O programa XVIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Xornadas Micoloxicas Costa da Morte 2018 Un ano máis, o programa das Xornadas terá varios puntos de atención. O centro neurálxico volverá ser a xa mítica exposición de cogumelos, con esas preto de 200 especies recollidas polos nosos montes na mesma semana. Ao seu redor haberá varias visitas guiadas, tanto o sábado da man do propio Marcote como o domingo con Manuel Pose Carracedo. Aparte da exposición de cogomelos, tamén se exporán traballos dos nenos dos colexios da zona, funcionará un "Taller de traballos manuais e xogos para nenos" durante o horario de exposición . Haberá tamén interesantes charlas, da man de Chemi Costa Lado e os cogomelos da madeiras, como de Marcote sobre a Ascomyecetes. Hai varias novidades este ano como o “Taller de microscopio en vivo” no local da exposición, a cargo de Chemi Traba, en horario de exposición; e mais o “Taller de cociña de cogomelos”, utilizando Cantareláceas e outros cogomelos das Fragas do Eume, a cargo de Antonio Díaz Calvo (Chef do Restaurante Andarubel de Pontedeume), na Praza de Abastos de Cee, o sábado 3 de novembro as 20,30 h.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/marcote-as-chuvias-chegaron-tarde-para-nos-pero-ainda-asi-salvamos-os-mobles-con-130-especies/

Outras novas micolóxicas

Xornadas Micolóxicas de Cee

Artigos de Castro Marcote

   

Fonte

Comentarios