Venres. 19.04.2024
El tiempo

Como vivimos na Costa da Morte a situación das persoas refuxiadas?

Como vivimos na Costa da Morte a situación das persoas refuxiadas?
Fátima Fernández cos tres refuxiados que compartiron a sua experiencia Hoxe contamos o relato en primeira persoa de Fátima Fernández, unha brava rapaza moi vinculada á Costa da Morte que vén de realizar un curso en Bruselas de teatro inclusivo para tratar o tema das persoas refuxiadas. Estivo buscando diferentes modos para concienciar e sensibilizar sobre o que esta pasando no noso entorno, e para aprender a informarse mellor e saber filtrar esa sempre sesgada información que nos chega dende os grandes medios. Vén de pasar unha mañá coas brava xente de APEM en Cee, facendo unha presentación xeral da situación das persoas refuxiadas que foi coñecendo en Bruxelas, intentándolle trasmitir esas sensacións tan persoais que algúns refuxiados compartiron con ela. Intenso foi o debate que se abriu ao remate da charla cos incisivos reporteiros de APEM! Fatima fernandez falando dos refuxiados en APEM Fátima Fernández falando dos refuxiados en APEM  

Como vivimos na Costa da Morte a situación das persoas refuxiadas?

Para nós queda moi lonxe, pero non podemos esquecer a nosa historia. Onte foron as nosas familias as que tiveron que fuxir a outro país. Hoxe son outras, e mañá pode volver a ser o noso pobo. Agora mesmo é a familia de Sale, Anas, Adbuallah, Salem, Yaser, Iyad, Malek, Muhamma e a de millóns de familias sirias que abandonan a súa casa forzosamente para comezar unha longa viaxe na que se xogan a vida, sabendo que os van timar, sobornar, arrestrar, acosar, agredir, explotar...en case todas as etapas do longo camiño ata chegar a Europa, que algunhas nin sequera chegarán a contalo, e aínda así, saben que teñen máis posibilidades de sobrevivir que quedando no seu pais, na súa casa, na súa terra. Hoxe quero falar da historia de Anas a Adbuallab. Adbuallah, fuxiu co seu irmán pequeno Anas de Alepo, a súa cidade. Foron a pé ata Turquía e alí estiveron un mes agardando polo seu grupo para ir a Grecia nun bote. No mar, pasaron moito medo e viron como xente do seu grupo nunca chegou. Dende alí foron en coche ata Macedonia, e despois en tren ata Serbia. Na fronteira de Serbia con Hungría tiveron moitos problemas ca policía e foi neste punto onde peor o pasaron. Xa en Austria enviáronnos a Alemaña e finalmente para Bélxica, onde residen na actualidade. Toda esta viaxe que tardamos un minuto en ler e interpretar, é un milagre. Un milagre que Adbuallah e Anas me puideran explicar a súa situación. Eles perderon moita xente polo camiño, presenciaron atrocidades, e aínda así, lles quedan forzas para volver a contarme todo o sucedido, bromear, sorrir, abrazarme, xogar, sen perder a esperanza no seu futuro e na humanidade. E na despedida, mirarme cun sonrriso e dicirme: “ goza da túa terra, que eu non sei se poderei volver á miña”. Sobran as palabras,  faltan os sentimentos.
  • Fátima Fernández.
Foto de grupo do proxecto europeo de refuxiados  

Fonte

Comentarios