Luns. 23.09.2019
El tiempo

Contacontos e libros para rematar un semestre de actividades do CIM de Cee

Raquel Queizas nos coles de Cee
Raquel Queizas nos coles de Cee
Contacontos e libros para rematar un semestre de actividades do CIM de Cee

Remataron as actividades do primeiro semestre deste ano do Centro de Información á Muller de Cee. E fixérono con duas actividades.

Pola mañá, Raquel Queizás levou o seu contacontos "Somos iguais" á cativada da Unitaria de Pereiriña no que participou o alumnado de educación infantil da unitaria de Brens, da unitaria de Pereiriña e do Eugenio López ás 10:30h e ás 12:00 no Manuela rial Mouzo.

Xa pola tarde, na Casa de Cultura, tivo lugar a presentación do libro de Carme Adán "Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”, e acodiron varias das usuarias do Centro Social.

Bravas do Centro Social de Cee

Comentarios