Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte sae de novo á rúa por Palestina

Concentracion en Cee por Palestina
A Costa da Morte sae de novo á rúa por Palestina

Asistimos a unha nova batalla na guerra de ocupación en Palestina. Medios de todo o estado volven poñer o foco na franxa de Gaza e en Cisjordania, e comprobamos a capacidade de desinformar que poden chegar a ter. Comprobamos como se trata como se fose un conflito de igual a igual, comparando as cifras e obviando os máis de 50 anos de ocupación por parte do estado de Israel, coa connivencia dos estados do mundo occidental.

Na comarca temos a sorte de coñecer mellor a problemática, gracias á presencia incansable do activista Mohammed Safa, que nos ten achegado unha visión pouco frecuente nos medios.

De aí que non nos estrañe a concentración que se está organizando para este martes 18, ás 20:00h na Praza 8 de marzo de Cee.

Novas relacionadas

Comentarios