Venres. 10.04.2020
El tiempo

Críticas no remate da Xunqueira

Críticas no remate da Xunqueira
Remataron as Festas da Xunqueira e a Feira do Libro de Cee. A organización xa foi obxecto da crítica por parte de políticos e veciños. Xurdiron varias incidencias. O domingo 14, a actuación prevista de María do Ceo foi cancelada. O concerto foi suspendido por unha decisión dos promotores do concerto, un ente dependente da Xunta. O recital podería desenvolverse nunha nova data. En clave política, o BNG xa saíu á palestra para criticar a organización das festas. Oca considerou “un auténtico caos” a organización do tráfico, e suxeriu que en vindeiras festas se poña un semáforo ou membros da policía local para regular o tránsito. Oca criticou tamén a falla de atención do Concello de Cee en canto aos rapaces, xa que houbo varios días na que “os rapaces quedaron sen xogos”. Por outra banda, considerou que a suspensión do concerto de María do Ceo foi “penosa” porque non había “un escenario axeitado e ninguén avisou”.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios