Martes. 16.04.2024
El tiempo

A cultura volve encher o Auditorio Baldomero Cores

Somos Criminais no cine copia
Carlos Blanco e Touriñán ofrecen en Cee a versión en cine de Somos Criminais
A cultura volve encher o Auditorio Baldomero Cores

Neste mes de marzo Cee tamén retoma o pulso da actividade cultural cunha triple oferta na Casa de Cultura de Cee.
Todas as actividades contan con aforo limitado e estarán suxeitas ás medidas de seguridade sanitarias habituais. É, pois, aconsellable facer a reserva previa de entradas, ben na oficina de cultura polas mañás ou na Biblioteca Francisco Mayán, polas tardes.

A primeira actividade virá da man de Ainé Producións e o seu aclamado espectáculo Somos Criminais protagonizado por Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán. Teremos a posibilidade de visionalo en formato cine o vindeiro 13 de marzo ás 20.00 horas, para a que xa están as entradas vendidas, polo que se abre un novo pase para o domingo 14.

Tono Casais e Maria Ordonez en Voa Voa
Toño Casais e María Ordóñez en "Voa, Voa" de Talía Teatro

Xa o sábado 20 de marzo, da man da compañía ceense Talia Teatro as familias, especialmente os avós e os seus netos, teñen unha dobre cita arredor do mundo dos xogos tradicionais. Ás 12.00 horas terá lugar unha charla coloquio titulada “O mundo dos contos e os contos do mundo”, a cargo de Ricardo Pérez y Verdes (Museo Etnolúdico de Galicia- MELGA), e xa pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar a representación do espectáculo Voa, voa protagonizado por María Ordoñez e Toño Casais, con posterior debate entre público e actores.

Finalmente, o sábado 27 de marzo, Día Internacional do Teatro, ás 20.00 horas Butacazero presentará a súa nova montaxe xurdida durante a época do confinamento.

Máis citas da AxendaCostadaMorte

Comentarios