De Cee a Fisterra en 3 minutos pola VAC
Xa podemos chegar dende Lobelos a Sardiñeiro en menos de 3 minutos (dende as 17:00h). Así o aseguraba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo esta mañá de luns 28 de novembro de 2011, durante a inauguración. Un acto, cun enorme despligue da Xunta, que servía para poñer en servizo o primeiro treito da Vía de Alta Capacidade.
Durante a visita, Feijoo ratificou o seu compromiso coa nova autovía da Costa da Morte para que estea lista no 2013.
A Variante de Cee-Sardiñeiro, que fai real aquelo de "os últimos serán os primeiros". I é que faltan os treitos máis importantes como son o Carballo-Berdoias e Berdoias-Cee, que non serán unha realidade ata, alomenos, dentro de 2 anos. De feito as obras do treito máis grande da autovía (os 42 km dende Carballo a Berdoias) xa se está construíndo “a pleno rendemento”, co movemento de máis de 1 millón de metros cúbicos de terra. Unha vía que recurtará en 20 minutos a viaxe dende Fisterra ata a vila da Coruña e coa rede de autovías e autoestradas que enlazan Galicia co resto de España e de Europa.
Feijoo destacou que “garantir a súa comunicación completa co resto da comunidade é imprescindible para que a Costa da Morte poida avanzar ao unísono co resto de Galicia e poida aportar todo o seu potencial económico, pesqueiro, turístico e, en consecuencia, todo o seu potencial social”.
Variante de Sardiñeiro
No tocante á variante Cee-Sardiñeiro, Feijóo salientou que, cun investimento que supera os 20 millóns de euros, ponse en servizo preto de 5 quilómetros de vías de altas prestacións que suporán que os 5.000 vehículos que ata o de agora cruzaban a diario Cee e Corcubión, nun cuarto de hora, teñen un traxecto alternativo que libera de tráficos excesivos a esas localidades e ofrece aos condutores a metade de quilómetros e a posibilidade de percorrelos en cinco veces menos de tempo, “é dicir, pasar de 15 minutos a 3 minutos”, asegurou.
Iso si, dende Corcubión solicitaron un bo sinal que indique o seu Casco Histórico, e haberá que estar atentos a ver se dende a Xunta toman en consideración esta natural solicitude.
Novas relacionadas
- Corcubión solicita sinais indicadoras do seu patrimonio na entrada da VAC a Sardiñeiro.
- 24-10-11: Accidente laboral en Cabana nas obras da Autovía.
- 23-09-11: Un repaso ao estado da Autovía da Costa da Morte.
- 02-08-11: Onte comezaron as obras da Autovía.
Fonte
- Nota de prensa da Consellería MATI.