Venres. 19.04.2024
El tiempo

De ruta académica por Corcubión

De ruta académica por Corcubión
visita-corcubion O alumnado de sexto de primaria do CEIP Eugenio López de Cee visitou onte a vila de Corcubión Sempre hai un bo motivo para trasladar a aprendizaxe a fóra das aulas. E máis, cando o bo tempo acompaña ao grupo. E se non que llo pregunten ao alumnado de sexto de Educación Primaria do CEIP Eugenio López, de Cee, que visitou onte Corcubión para coñecer a historia e as rúas desta emblemática vila. O antigo cárcere foi o punto no que os alumnos e alumnas foron recibidos pola súa guía quen lle falou polo miúdo deste edificio. Logo, documentou aos asistentes sobre o pazo dos Altamira e as distintas Casas dominantes, como os Traba. A igrexa de San Marcos tamén foi obxecto da visita onde o alumnado comprobou o traballo dos canteiros, as distintas fases da arquitectura da igrexa, San Marcos... Tamén tiveron tempo para coñecer algunhas das casas máis senlleiras da vila, o Campo do Rollo e incluso a orixe do seu nome. Fonte   

Comentarios