Martes. 19.03.2024
El tiempo

Detida unha muller por insultar, ameazar e agredir ao persoal sanitario do HVdX ​

En Fisterra unha familia foi investigada por insultar ao pediatra
Hospital Publico Virxe da Xunqueira
Detida unha muller por insultar, ameazar e agredir ao persoal sanitario do HVdX ​

Parecen días alterados nos centros sanitarios da Costa da Morte. Esta fin de semana, unha muller foi detida pla Garda Civil como suposta autora dun “atentado” contra un funcionario sanitario do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Os sanitarios alertaran á Benemérita de que a muller estaba “alterada e visiblemente agresiva”, e que mesmo tivera “insultado, ameazado e agredido” ao persoal, polo que a patrulla decidiu trasladala ás dependencias policiais.

Do mesmo xeito, fai só uns días, no Centro de Saúde de Fisterra, a Garda Civil tivo que investigar aos pais dun menor como presuntos responsables do mesmo delito, tras unha controversia contra un pediatra, se ben neste caso non se chegou á agresión física.

Comentarios