Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Doble sesión cos libros dos Susos

Doble sesión cos libros dos Susos
Presentacion do Libro Salseiros de Suso Lista-Foto-Edu Cambon Presentacion do Libro Salseiros de Suso Lista

Suso Lista, Suso Bahamonde. Norte, Sur. Mar, Cine. Dous Susos, dous mundos de ver a escritura e a arte. Pero dúas demostracións de que a literatura e a poesía están moi vivas na Costa da Morte.

De Norte a Sur, comezamos por Corme, onde Suso Lista invadíu o Paseo da Ribeira cos seus contos afiados, cheos de salgadura e de ironía. Un home tan querido coma el conseguiu encher as butacas acondicionadas, para disfrute de numerosos veciños. Ao seu carón, Alfredo Conde, o autor do prólogo, o poeta Miguel Anxo Mato Fondo, e o editor e gracias ao que “Edicións Embora” botou á rúa este “Salseiros”.

E aínda que non había percebes para picar (Suso deixou os percebes polas verbas), moitos se achegaron para mercar e levar asinado esta estrea mundial. Apostamos que non será o único libro do bo de Suso.

Unhas presentacións que seguirán invadindo a provincia, e se este vindeiro venres 6 de xuño estaán no Pub A Eira en Ponteceso, outra das súas casas, o mércores 11 estará na Coruña, no Bar O Delito, e o venres 13 no Submarino de Malpica.

Presentacion do Libro Salseiros de Suso Lista-Foto-Miguel Anxo Mato Presentacion do Libro Salseiros de Suso Lista-Foto-Miguel Anxo Calvo

Polo sur, en clave cinema

Suso Bahamonde durante a sua presentacion

Suso Bahamonde é un home máis de cine que de mar. Malia que os seus versos son tamén salgados, a cultura cinematográfica, vai inserida nel. De feito, Suso Bahamonde deixou clara a súa “condición bukowskiana”, de pelexar á contra. Bo exemplo é como nace este “Expansión”, unha aposta propia, unha edición feita por el mesmo, que non só estará nas librerías, se non que estará na rúa, nos bares, nos locais de ocio, facendo que a cultura chegue á rúa, e non ao revés. “Cultura de bar”, define.

Foron unhas 60 persoas as que disfrutaron do emotivo acto no Salón de actos do Concello de Cee. Houbo poemas, a cargo do propio poeta, houbo música con Leo KCh e vídeo con Roi DaSaraiba. Pero sobre todo, houbo moita emoción. Os Feros Corvos do Batallón Literario que alí estaban para apoialo, viron vibrar as súas bágoas.

”Un acto íntimo… pero moi cinéfilo”, cóntanos o propio Suso, que pasou máis dunha hora asinando, con moito amor, os seus libros.

Seguirá Bahamonde coas súas presentacións. Este sábado 7 toca en Muxía, e a vindeira, será probablemente o día 14 en Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios