Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Egueire xa prepara un 2018 de aniversario

Egueire xa prepara un 2018 de aniversario
Calendario da ONG Egueire 2018 Calendario da ONG Egueire 2018

A ONG mazaricá Egueire, de volta da viaxe á inauguración da maternidade en Costa de Marfil, xa prepara o 2018, o ano do seu 10º aniversario.

Dende esta semana xa está á venda o seu calendario solidario, con fotos da viaxe que se realizou a finais de agosto do 2016 por un dos viaxeiros, o madrileño Jon Esturro.

O prezo do calendario e de 4€, para poder facerse con un deles teñense que poñer en contacto con algún dos membros da ONG.

Pero non paran, pois dentro dos preparativos do 10º aniversario tense xa en marcha a realización dunha exposición fotográfica das fotos que realizou o fotógrafo Marcos Rodriguez na viaxe do pasado mes. Sabemos de boa tinta que hai vimbios ben auténticos para unha exposición espectacular.

Ademais, a ONG traballa tamén a realización dunha exposición de mascaras africanas e pinturas dun artista marfileño. Ao tempo a entidada pensa en facer un desfile de moda.

Sen tempo a descansar están a organizar unha comida solidaria para o mes de febreiro o redor das fechas do entroido.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios