Venres. 29.03.2024
El tiempo

EmpresasdaCosta realiza dúas Xornadas Impactic en Carballo e Cee

EmpresasdaCosta realiza dúas Xornadas Impactic en Carballo e Cee
Empresas da Costa fará interesantes Auditorías de impacto ás empresas asistentes

Empresas da Costa, o novo proxecto formado polas marcas referencia na internet e nas novas tecnoloxías da Costa da Morte Galinus, Abertal, Quepasanacosta e Finisterrae, vai realizar unhas Xornadas formativas para empresarios das comarcas de Fisterra e Bergantiños.
Unhas xornadas que teñen unha componente teórica 2.0 pero que tamén teñen unha parte prática, a modo de auditoría, moi interesante para que os empresarios da zona poidan comprobar se o están facendo ben na internet.

  • Martes 6 de novembro, ás 16:00h no Saló de Plenos do Concello de Cee.
  • Xoves 8 de novembro, ás 16:00h no Forum Carballo.

Dinamizando o tecido empresarial a través da rede

As propostas nacen ante a necesidade de modernizar o tecido empresarial da Costa da Morte e reducir a fenda dixital no sector, e coa colaboración dos Concellos de Cee e Carballo, e da AXOBER, Empresas da Costa vai artellar sendas sesións formativas que contarán coas seguintes partes.

A xornada comeza ás 16:00h e remata ás 19:00h, dividíndose en dúas partes diferenciadas, as ponencias sobre comercialización e as Auditorías de Impacto, unhas citas prácticas moi interesantes para todos os que se acheguen.

Comercialización

Daranse as claves e os conceptos básicos que calquera empresa debe ter presentes si quere dar o paso nun bo uso de Internet. Tamén se coñecerán as distintas ferramentas de Internet para a súa promoción, así como novos modelos de venta en liña, e as claves a ter en conta para vender.

Auditoría de Impacto

Na segunda parte os responsables de Abertal e Galinus Taller de Novos Medios analizarán a presencia en Internet das empresas asistentes ao seminario, que serán seleccionadas aleatoriamente. Para aumentar a eficacia de esta segunda parte do seminario, os asistentes poderán facilitar soportes impresos nos que usen a súa imaxe ou liña de comunicación, e as URLs das webs a analizar ou dos seus perfiles nas redes sociais.
As Auditorías de Impacto queren ofrecerlle aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos comunicacionais e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet.

Darannos solucións en tempo real ao que actualmente máis preocupa aos propietarios de pequenas empresas como comercios, aloxamentos turísticos, ... Cómo vender en Internet? Estouno facendo ben?

Programa Xornadas Impactic

  • 16:00 – Presentación da xornada
  • 16:15 – Cómo me vendo? – “Estás en Internet, logo existes”
  • 16:45 – Como vendo? – "Trucos e segredos"
  • 17:15 – Auditoría de impacto
  • 18:45 – Presentación empresasdacosta.com
  • 19:00 – Fin da xornada.

Os expertos da Autoría de Impacto

Manuel Pan e Dani Cerqueiro presentando o proxecto Empresas da Costa
  • PRESENCIA 2.0 _ Daniel Cerqueiro: Director da empresa Galinus Taller de Novos Medios, especialista en marketing online, as redes sociais e as ferramentas 2.0; con moito interese na divulgación das implicacións socioeconómicas derivadas do uso das tecnoloxías da comunicación (TIC), con ampla experiencia na impartición de charlas e outras accións formativas.
  • PRESENCIA WEB _ Manuel L. Pan: Consultor especialista en Comercio e TIC, ten realizado traballos de asesoramento neste campo para Turgalicia, Xunta de Galicia, Asociacións Empresariais, Centros Comerciais Abertos, Fegatur, Celuisma Hoteis, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Deputacións e diversos concellos e empresas.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios