Venres. 29.03.2024
El tiempo

En Marea e BNG piden a comparecencia urxente do Comité de Ferroatlántica no Parlamento

En Marea e BNG piden a comparecencia urxente do Comité de Ferroatlántica no Parlamento

Unen forzas En Marea e o BNG para que o Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee-Dumbría poidan dar a súa visión no Parlamento de Galicia. Os dous grupos parlamentarios veñen de rexistras esta mañá no Parlamento de Galicia a solicitude de comparecencia urxente do Comité na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, co obxecto de escoitar a situación que están atravesando os traballadores da factoría, pois descoñecen o futuro das centrais trala petición de segregación das actividades por parte de Villar Mir á Xunta de Galicia.

En Marea considera que a comparecencia dos representantes dos traballadores de Ferroatlántica no Parlamento de Galicia contribúe, ademais, a reforzar o carácter democrática da propia institución ao darlle voz a unha das partes tradicionalmente esquecida polas políticas da dereita, que interlocuta e rende contas perante as grandes empresas pero non diante das persoas que ven como se pón en risco o seu posto de traballo. “A Cámara galega é a cámara de representación de toda a cidadanía de Galicia e perante a gravidade dos feitos que rodean a venda segregada das centrais de Ferroatlántica consideramos unha necesidade de primeira orde escoitar os traballadores que son os que deben ter a última palabra sbre a importancia que ten o mantemento dos postos de traballo e e viabilidade dun sector industrial dunha comarca que vive de maneira principal desta empresa”, sinalou o voceiro Luís Villares.

Pola súa parte, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que esta tarde mantén un encontro con membros do cadro de persoal no Concello de Cee xunto coa portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, transmite o total apoio do BNG ás súas demandas en contra desa venda especulativa que pretende o empresario madrileño Villar Mir, agora investigado por suposto financiamento ilegal do PP na Operación Lezo. “Igual que os traballadores e as traballadoras, igual que a maioría da Costa da Morte e igual que os alcaldes da comarca pensamos que o único salvavidas para os 300 empregos nas plantas de Cee e Dumbría son as centrais eléctricas e a súa vinculación coa actividade industrial”, argumenta Pontón.

 

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios