Venres. 29.03.2024
El tiempo

Era Ruibo o lugar idóneo para o Heliporto de Salvamento?

Era Ruibo o lugar idóneo para o Heliporto de Salvamento?
O Heliporto de Lires non e adecuado para as maniobras

Non volverá o helicóptero de Salvamento ao heliporto de Ruibo, en Lires, Cee. Iso parece evidente, dadas as restrición de dunha base mal proxectada dende o comezo, dende a elección dos terreos. Quédanos saber se realmente alguén se beneficiou da venda dos terreos, e tampouco coñecemos, pois non se fixeron públicos, os informes que recomendaron a ubicación da base.

Así o entende o BNG, que presentou durante este mes de marzo no parlamento español, dúas iniciativas en relación co traslado do helicóptero de Salvamento a Santiago.

Recordan que o uso da base de Cee sigue, a día de hoxe, restrinxido só a voos diúrnos pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, quen solicitou, despois da entrada en funcionamento da base, en setembro de 2012, a instalación de unha instalación meteorolóxica. O pasado 14 de novembro, o subdirector do Servizo de Garda costas de Galiza, informaba en sede parlamentaria que a instalación meteorolóxica necesaria para os voos nocturnos, estaba rematada, tan só faltaba a aprobación dos técnicos de ASEA. A pesares diso, tanto naquela Comisión de Pesca do Parlamento de Galiza como na celebrada esta mesma semana, asegurábase que aínda paliadas por SASEMAR as necesidades do heliporto, “non podemos asegurar a plena operatividade debido as condiciones orográficas y climatolóxicas adversas da zona e a súa ubicación”.

Era o lugar axeitado?

Lembra o BNG que “o lugar de Ruibo onde se asenta o heliporto está situado na ladeira dun monte, e a súa situación foi motivo de controversia dende que se anunciou a decisión de construílo sen que, en ningún momento, se desen a coñecer por parte do anterior Goberno, nin tampouco do actual, os informes favorables nos que se baseou a devandita situación”.

É máis, o propio subdirector do Servizo de Gardacostas de Galiza, esgrimiu nas súas comparecencias parlamentarias que "o informe que levou o heliporto a Ruibo non di sequera que ten que ir localizado en Lires, senón que os terreos onde se vai construír son apropiados", e tamén que "a decisión da localización do heliporto de Ruibo tomou baixo criterios certamente descoñecidos e onde as opinións técnicas non deberon ser moi consideradas".

”E ti máis”

Mentres, comprobamos como o PP e o PSOE continúan coa política do “e ti máis”, e a semana pasada se cruzaban acusacións pola inoperatividade da base, cando os dous teñen parte de culpa no asunto, pois era o PSOE o que gobernaba cando se mandou construir a base e foi o PP o que a puxo a funcionar.

Por todo isto, o BNG volve a presentar unha iniciativa no parlamento español, para saber: “Que motivo hai para que siga sen estar operativa a base de Ruibo. Se despois de que SAESMA palie definitivamente as deficiencias do heliporto de Ruibo, garante o Goberno a súa plena operatividade. E se considera o goberno que as condicións orográficas e climatolóxicas da zona onde está situado son un condicionante para esa plena operatividade”.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios