Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra

Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra
Que importante sería introducir a historia da Costa da Morte nos programas educativos das escolas da bisbarra. Un dos poucos que se preocupa por espallar o que acontenceu nas nosas vilas ao longo dos anos é o licenciado con grao en Historia Víctor Castiñeira. Colaborador desta casa, leva máis de 70 artigos contándonos o Que pasou na Costa dende a época do megalistismo ata os nosos días. De feito, Víctor realizou a tese de licenciatura sobre a evolución da poboación na comarca de Fisterra (1600-1860).

Onte, xoves 19 de xaneiro de 2012, os afortunados foron os alumnos do Colexio Manuela Rial de Cee, que coñeceron como era a súa vila no século XIX. Un estudioso da materia é Castiñeira, como o podemos comprobar nos seus 21 artigos sobre a poboación das parroquias do concello de Cee etre os ss. XVI e XX. Se ben os centros poderían darlle unha volta ao formato, e buscar visitas guiadas a puntos estratéxicos da zona, historicamente falando, para que as historias calasen máis a fondo nos alumnos. Pois a día de hoxe o que se falou nunha charla puido quedar aló, e non vai haber exames sobre o tema nin un lugar onde repasar máis que o propio QPC. Ademais, dende QPC esperamos que para o vindeiro curso todos os centros da bisbarra poidan ter un libro editado do historiador coa Costa da Morte como protagonista a través dos artigos publicados.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios