Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Este Nadal, regala Stoupidos de arte da Costa da Morte

Este Nadal, regala Stoupidos de arte da Costa da Morte
Galería Stoupidos 2017 Stoupa inauguraba onte a última exposición do ano, Stoupidos 2017

Xa levan ano e medio “Vendendo Costa da Morte”. A Tenda Turística Stoupa é, dende Cee, o mellor escaparate de artesáns e artistas da bisbarra. E quere celebrar este nadal cunha última exposición deste ano.

”Stoupidos 2017” inaugurábase este luns 11 de decembro e poderá visitarse durante todo o Nadal, de luns a sábados de 12-14 horas e de 17-21 horas.

Tratrase dunha variadísima mostra que contará con moitos autores da Costa da Morte que colaboran coa galería ceesa: Marcos Rodríguez, Nando Lestón, Pepe de Olegario, Mimadriña, Redeiras de Corme, Viki Rivadulla, María Lema, Marina Mouzo, Jesica Coiradas, Roque Rey, Nacho Porto, Yano Yoro, Nano Unzueta, Manuel Canosa, Aparicio, Carmen Labrador, Xoanxo Cespón, Senén Insua, Lucia Costa, Miguel FK ou David de Lorenzo.

Composicion colaboradores de Stoupa Composición de colaboradores de Stoupa

Este Nadal, regala Costa da Morte

Un xeito de render homenaxe a todos os que seguen apoiando este proxecto de visibilización da arte, a cultura e o emprendemento que hai na nosa terra. A idea é invitar a todos os que visiten a exposición a que este Nadal regalen: artesanía, pintura, literatura, fotografía ou música de autores da Costa da Morte.

Ademais, o sábado 16 Stoupa reunirá aos seus amigos e todos os seus colaboradores que son, sen dúbida, o mellor da arte, da cultura e do emprendemento da Costa da Morte. Brindarán por este ano que xa está rematando e por un próspero 2018 con innovadores produtos da nosa terra como a cervexa artesá feita con auga de mar “Estrela de mar” e doces con chocolate e algas da reposteira Silvina Muñoz.

Creadores en Stoupa

Fonte

Comentarios