Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Este xoves Corcubión prepara a súa Festa Solidaria “Rumbo a Gaza”

Este xoves Corcubión prepara a súa Festa Solidaria “Rumbo a Gaza”

O Colectivo COSAL Costa da Morte está a preparar a Festa Solidaria no marco da Campaña Rumbo a Gaza. A cita será este xoves 5 de maio no Bar La Terraza do Hotel El Hórreo de Corcubión. A entrada custará 5€ e todo o recaudado irá para apoiar a Frota da Liberdade deste ano 2011. Unha Frota que achegará centos de toneladas de axuda humanitaria, e para a que os pequenos da bisbarra xa puxeron o seu gran de area en forma de lapis e bolis. Agora tócanos aos maiores.

A proposta será completa, e contará cun pouco de todo.

  • Poesía: Miro Villar e Xaime Trillo, poeta e integrante de COSAL.
  • Música: Escola de canto tradicional da Universidade Popular de Corcubión .
  • Proxección dunha curtametraxe.
  • Sorteo dunha kufiyya (pano palestino).

Todo isto levado por José Luís Louzán, locutor da Radio Nordés. Haberá pinchos e a festa comezará arredor das 21:30h da noite do xoves.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios