Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Este xoves, nova mobilización contra a LOMCE

Este xoves, nova mobilización contra a LOMCE
Mobilzate o 16 de febreiro contra a LOMCE

Non decae a loita contra a LOMCE. Xa van dous anos das mobilizacións estudiantís máis activas en defensa do ensino público galego, e parece que, despois de tumbar as reválidas gracias á presión social, ata que o goberno estatal non dea un paso definitivo para derogar a polémica Lei Organíca para a Mellora da Calidade Educativa, isto non vai parar.

Este xoves 16 de xaneiro están convocadas paradas en case 30 vilas do país, entre elas Cee e Carballo, as cabezas das mobilizacións costeiras. En Cee, a concentración será ás 19:30h na Praza 8 de marzo, mentres que en Carballo toca alzar a voz a mesma hora na Praza do Concello.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público lembra cales son os verdeiros recurtes para o noso ensino: a computación da materia de Relixión para a media; a blindaxe dos concertos educativos con centros privados eliminándoos dos públicos (de todas e todos), a Formación Profesional Dual, a recentralización de competencias educativas ou a desprotección do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo na aprendizaxe, a redución de horas do galego como lingua vehicular no ensino, a retirada ou recortes de bolsas de axuda,... entre outros aspectos, como os recortes na universidade ou o decreto 3+2 impiden que a maioría social poida acceder a un Ensino Público de calidade

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios