Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Exalumn@s comparten as súas experiencias Alén do Fernando Blanco

Exalumn@s comparten as súas experiencias Alén do Fernando Blanco
O mestre Serxio Iglesias presenta as exalumnas Cristina Canosa e Marina Lema no IES Fernando Blanco de Cee O mestre Serxio Iglesias presenta as exalumnas Cristina Canosa e Marina Lema nas charlas Alén do Fernando Blanco Moi interesante e educativo o novo ciclo de charlas Alén do Fernando Blanco, que o centro educativo ceense acaba de inaugurar este pasado mércores. Un ciclo no que os protagonistas son exalumnos/as do centro, que se convirten en trasmisores da realidade académica e laboral que lles agarda ao rematar o periplo escolar. Son experiencias de compañeiros, que ao trasladaren as experiencias en primeira persoa chegan con moito máis impacto ás conciencias dos alumn@s, como acontecía coas visitas aos internos da prisión de Teixeiro, que son, sen dúbida, a mellor forma de traballar a prevención. Nesta primeira sesión, dirixida a alumnado de bacharelato e ciclos formativos de formación profesional, foron as protagonistas dúas exalumnas, Mariña e Cristina. Comezou falando Mariña Lema, terapeuta ocupacional, quen lembrou os seus anos no centro, no que cursou o bacharelato de ciencias coa intención de estudar medicina. Pero foi finalmente a Terapia Ocupacional o seu ámbito académico e posteriormente profesional. Mariña expúxolles aos alumnos e alumnas do IES Fernando Blanco os pormenores do grao que realizou na USC así como as características elementais do traballo que ela desempeña como terapeuta ocupacional no centro de día de Rois. A seguinte en intervir foi a exalumna Cristina Canosa, Máster en Dirección Hoteleira. Lembrou Cristina a vinculación dos seus estudos co marketing, a empresa, a hostalería e en definitiva co turismo, o principal activo económico de España. Insistiu na importancia da aprendizaxe dos idiomas así como a posibilidade de viaxar que ofrece a súa profesión. Cristina traballa nas Illas Baleares nun hotel-boutique de cinco estrelas. Estas primeiras charlas Alén do Fernando Blanco, nacen con vocación de continuidade, pois está previsto que outras e outros habitantes da diáspora, exalumnos do Fernando Blanco, compartan as súas experiencias coa comunidade deste emblemático centro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/conecendo-dende-dentro-de-prision-as-cruas-consecuencias-do-consumo-de-drogas-e-a-delincuencia/

Comentarios