Unha ferida tras un accidente en Raso
09:06 19/11/20
Unha muller resultou ferida, de carácter leve, e tivo que ser trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira, tras sufrir esta tarde de mércores un accidente. O suceso acontecía preto das 19:00h no na DP2308, no lugar de Raso, Brens, Cee.
A Garda Civil, o 061, Protección Civil e os Bombeiros de Cee achegáronse ao lugar.