Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ferroatlántica solicita a Augas de Galicia a segregación das actividades das fábricas de Cee e Dumbría

Ferroatlántica solicita a Augas de Galicia a segregación das actividades das fábricas de Cee e Dumbría
Ferroatlántica vén de solicitarlle formalmente á Xunta de Galicia a segregación das dúas actividades principais que a empresa realiza nas centrais da Costa da Morte - ubicadas en Cee e Dumbría - co fin de formalizar a venda das mesmas "ao mellor postor", tal e como sinalan dende a páxina de facebook "As nosas centrais non se venden". Nun comunicado de prensa, a compañía recoñece que "iniciou os trámites para levar a cabo a operación" que se presenta como a "única" que garante o futuro da compañía na comunidade e "o mentemento de todoo emprego asociado a ela". Así, Ferroglobe solitoulle formalmente a Augas de Galicia que "en aplicación do interese xeral e do acordo a dereito" devolva as concesión hidráulicas dos ríos Xallas e Grande ao "seu estado orixinal". Deste modo, pídelle que se elimine a prohibición que "se impuso de forma excepcional en circunstancias moi especiais" de segregación das dúas actividades. "Esta operación, que depende dunha decisión política ameaza o futuro da comarca" sinalan os representantes dos traballadores e traballadoras das fábricas da bisbarra. Rexeitamentos Os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica - así como unha boa parte dos veciños e veciñas da bisbarra - levan xa varios meses de protestas para rexeitar esta "venda ilegal" que pon en perigo uns 300 empregos directos. Desta forma, en breve, o comité de empresa realizará unha reunión urxente para valorar a nova e dar os seguintes pasos. Ainda así, recoñecen que ainda que o esperaban a nova non deixou de caerlles como un "xerro de auga fría". Ante esta nova, algúns partidos políticos emitiron xa os seus propios comunicados. É o caso de En Marea que se opón radicalmente a que Augas de Galicia autorice segregar as centrais de Ferroatlántica. Segundo Luís Villares, voceiro de En Marea, esta petición "demostra unha vez máis a connivencia entre o poder político e o poder económico, un poder político que non dubida en utilizar todas as artimañas, incluída a financiación ilegal dos partidos, para conseguir os seus fins". Para o deputado de En Marea, Francisco Casal, "o que levabamos seis meses advertindo ao á Xunta de Galicia sobre a intención de Ferroglobe, propietaria de Ferroatlántica, de vender as centrais do Xallas e Grande xa está aquí". Casal explica: "perdemos seis meses para combater este novo intento de espolio dos recursos de Galicia, pero a Xunta e o PP preferiron mirar para outro lado: "A venda non existe é unha invención dos señores de En Marea". En Marea advirte que a comunicación coa que Ferroglobe tenta convencer, en público, á Xunta para que autorice a venda das centrais é un despropósito de promesas que, como quedou demostrado estes últimos anos, a empresa non ten intención de cumprir. Ferroglobe utiliza argumentacións económicas absurdas, insustentables. Utilizando aseveracións dunha regulación do sector que son un puro invento. Francisco Casal explica que as razóns privadas que pode utilizar esta empresa son: "se non autorizades a venda podemos cantar todo o que sabemos sobre o financiamento ilegal do PP, do PP de Galicia e de persoas moi importantes do partido". BNG  Pola súa banda, o BNG Costa da Morte vén de comunicar que presentará en todos os concellos unha petición dirixida ao alcalde e ao pleno da corporación para que, "na maior brevidade posible", fagan declaracións institucionais en contra da intención de Ferroatlántica de vender as centrais ubicadas na Costa da Morte. "Esta petición precisa pois, unha contestación firme por parte de todas a corporacións, que son nas que residen a representación do pobo da Costa da Morte", sinalan os nacionalistas. Tamén fixo declaracións ao respecto a portavoz nacional Ana Pontón. Considera que agora acabáronse as escusas para o presidente da Xunta que xa non pode estar “nin un minuto máis parapetado detrás da súa calculada ambigüidade”. "Chegou a hora da verdade para Feijóo sobre Ferroatlántica e ten que dicirnos se está do lado de Galiza e do emprego na Costa da Morte o se está de lado de Villar Mir imputado por financiamento ilegal do PP”, indicou Pontón, “Feijó ten que decidir se vai defender os intereses dos galegos e das galegas oo se vai ceder á chantaxe dun empresario madrileño que, simplemente, e como sabe todo o mundo, o único que quere e facer caixa vendendo un ben público como son as centrais do Xallas para pagar as desfeitas e as débedas das súas empresas e finalmente terminar pechando as plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría”, recalcou.

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios