Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Ferroatlántica terá que readmitir a Ramos, despedido por un comentario nas redes sociais

Imaxe dunha concentración pola readmisión de Ramos en Ferroatlantica

6 meses despois do seu despois despedimento por un comentario nas redes sociais, Ramos volverá pronto a traballar na fábrica. Así o vén de determinar o xulgado do Social 3 da Coruña, que ditou sentenza polo que declara nulo o despedimento do compañeiro José Ramos (que foi membro do comité e actualmente forma parte da sección sindical da CIG) e condena a Ferroatlántica SA á súa readmisión inmediata nas mesmas condicións que tiña. Así mesmo, obriga a empresa a pagarlle os salarios deixados de percibir neste tempo e a abonarlle unha indemnización polo dano moral derivado da vulneración do seu dereito fundamental á liberdade de expresión sindical.

A xuíz a entende que a decisión de Ferroatlántica constitúe unha vulneración do dereito fundamental da liberdade de expresión na súa vertente de liberdade de expresión sindical, declarando a nulidade do despedimento e obriga á reincorporación inmediata de Ramos. Ademais, condena a empresa a pagarlle unha indemnización ao traballador no grao de infracción moi grave.

Un despedimento que segundo a CIG foi “un paso máis na campaña de represión contra a CIG”.

Novas relacionadas

outras novas sobre Ferroatlántica

Comentarios