Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Festival Solidario contra o Cancro fixo vibrar Cee

I Festival Solidario contra o Cancro en Cee - Foto Rafa Quintáns
I Festival Solidario contra o Cancro en Cee - Foto Rafa Quintáns
O Festival Solidario contra o Cancro fixo vibrar Cee

Este sábado celebrouse o primeiro Festival Solidario contra o Cancro, coordinado pola xunta local da AECC en colaboración co Concello de Cee, cun auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura ateigado.

Festival solidario contra o cancro Cee - Foto Rafa Quintáns 2Foto- Rafa Quintáns

O público asistente puido disfrutar das actuacións de cinco grupos de música tradicional galega como foron Airiños de Brens, a Charanga Os Nosos, o Grupo de Gaitas de Mazaricos, Mestura Folk e os Gaiteiros de Buxantes, quenes interpretaron alomenos dúas pezas.

Por outra banda, dúas fantásticas voces como a de Álex Castro, quen tocou de xeito espectacular unha peza tradicional co acordeón (Maneo de Malpica) e outra co piano (a canción el Patio, de Pablo López), e o dúo formado por Alexandra, acompañada co piano por Alberto, quenes versionaron People Help the People e Resistiré. Esta última canción, do Dúo Dinámico, foi cantada para a ocasión e coreada como himno de loita contra o cancro.

Festival solidario contra o cancro Cee - Foto Rafa QuintánsFoto - Rafa Quintáns

Festival solidario contra o cancro Cee- Foto Rafa Quintáns 3Foto - Rafa Quintáns

A noite rematou co sorteo de dous importantes agasallos: unha colcha de ganchillo artesanal confeccionada e doada por unha colaboradora e un espello grande, por unha cristalería ceense.

Público do Festival solidario contra o cancro Cee - Foto Rafa QuintánsFoto - Rafa Quintáns

A xunta local de Cee da AECC, está a preparar para o vindeiro ano novas citas para a súa zona de influencia: Cee, Corcubión e Dumbría, entre elas charlas coloquio informativas.

Comentarios