Venres. 10.04.2020
El tiempo

Filosofía para veraneantes en Corcubión

Filosofía para veraneantes en Corcubión
A vindeira semana, entre o luns 31 de xullo e o venres 4 de agosto, celébrase na Capela do Pilar de Corcubión a segunda edición de Filosofía para Veraneantes, unhas xornadas que pretenden facer da filosofía un asunto de a pé. Poñer a indagación filosófica en relación coa experiencia do cotiá. As presentacións, concibidas como a exposición dunha sorte de marco de indagación para o debate posterior, terán lugar ao longo da semana en horario de 20:30h a 21:30h, incluindo un espazo para o diálogo entre os participantes. No tocante ás temáticas, dase unha continuidade con respecto ao ano anterior, se ben hai unha concreción maior. As grandes preguntas ou interrogantes da filosofía deixan paso a temas que van dende o nihilismo ao populismo, pasando pola desmaterialización da arte ou a posverdade. Con respecto ás xornadas do ano pasado, advírtense dous cambios. En primeiro lugar, o ton afirmativo da primeira edición deixará paso a un estilo máis interrogativo. No tocante ao formato, o monólogo será sustituido nalgunha das presentacións pola forma dialogada. O que non cambia é a distribución de tempos: un tempo máximo de media hora por intervención, e o resto aberto ao debate. Até onde os participantes estean dispostos a chegar. A entrada é de balde.

Fonte

comentarios