Martes. 16.04.2024
El tiempo

Fin de semana de alugueiro social e atención á dependencia en Cee

Fin de semana de alugueiro social e atención á dependencia en Cee
Un dos pisos de alugueiro social da Xunta en Cee Visita institucional a un dos pisos de alugueiro social da Xunta en Cee

Fin de semana de atención aos Servizos Sociais dende Cee. O pasado venres, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, facía a visita institucional aos 4 pisos que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pon a disposición de familias en situación de vulnerabilidade social, a través dun alugueiro social.

Atención á Dependencia

Pola contra, dende o popio Concello, a Concelleira de Presidencia, Benestar Social, Emprego e Igualdade, Pilar Iglesias, lamenta a falta de implicación da Xunta en poñer a funcionar o Sistema de Atención á Dependencia. A Concelleira asegura que non ten lista de espera e que na actualidade hai 37 persoas usuarias do servizo de axuda no fogar en modalidade básico.

O caso é que se dá un retraso imporante na emisión de certificación do grao de dependencia, e nese sentido a edila asegura que é a Xunta a culpable de que se demoren ata 12 meses ás persoas (agás menores de idade, maiores de 100 anos e situacións graves de emerxencia social).

Fonte

Comentarios