Xoves. 25.04.2024
El tiempo

“Fornos apagados, todos parados”

“Fornos apagados, todos parados”
Concentracion da CIG contra a paralizacion dos fornos de Ferroatlantica 1 Concentracion da CIG contra a paralización dos fornos de Ferroatlántica-Foto-Rafa Quintáns A concentración coincidiu coa carga da materia prima da fábrica de Cee no porto de Brens cara Francia A concentración coincidiu coa carga da materia prima da fábrica de Cee no porto de Brens cara Francia A parálise dos fornos 13 e 14 e o desabastecemento de materias primas fixo saltar as alarmas dos traballadores das fábricas de Ferroatlántica Cee-Dubría-HHCC esta semana. Ata o punto de ter que volver ás mobilizacións, como se materializou este mércores 2 de xaneiro ás portas do porto de Brens. Unha convocatoria algo apurada, con malas datas, que se fixo coincidir precisamente coa carga desa materia prima (manganeso) da fábrica costeira para facer os traballos noutra fábrica francesa (non a Cantabria como se pensaba nun principio) do grupo Ferroglobe. Non puideron pasar ao peiraos os máis de 100 traballadores e xubilados, pero deixaron patente o seu desconcerto e preocupación por unha medida (mandar materias primas para outra fábrica) que nunca antes se tomara. ”Falamos dunha medida drástica, que non se fixo nin no ERE de 2009”, explica o responsable da CIG Xabier Santos. “Se non tes materia prima para poñer os fornos en marcha, non se poden poñer dun dia para otro”, lamenta. Por iso consideran que “a dirección da empresa está facendo un intento de sabotaxe para crear as condicións que poidan xustificar un ERE”. Todo, nun “novo intento de deslocalizar a produción”. Por todo iso, parece que todo apunta a un alto grao de alarma social no seo dos traballadores. “Por agora manténse a plantilla de fixos, pero os enventuais, que serven de cubrir baixas, vacacións… durante todo o ano, están deixando de ser chamados. Ademais os auxiliares de empresas como unha de camións e outras da palistas xa están sendo tremendamente afectadas, poñendo en perigo a máis de 70 traballadores”, explica Santos. “Claro que hai preocupación, porque estamos ante unha posible definitiva dafábrica de Brens, unha vez que aquí quedaría só un forno, e o máis pequeno, en funcionamento”, avisa. A CIG considera ademais “paradóxico” que este porto feito pola Xunta de Galicia case que en exclusiva para Ferroatlántica, agora sirva para desmantelar a fábrica. Por iso piden tamén a implicación da Xunta neste proceso de intento de deslocalizar a produción do grupo multinacional, e que promova iniciativas para o mantemento dos postos de traballo. Concentracion ante Ferroatlantica polo peche dos fornos-Foto-Rafa Quintans Concentracion ante Ferroatlantica polo peche dos fornos-Foto-Rafa Quintans

O BNG piden a intervención da Xunta

Na concentración tamén quixeron estar presentes membros do BNG, que quere trasladar “a súa solidariedade os traballadores e ás traballadoras de Ferroatlántica”, segundo a parlamentaria de Industria, Noa Presas. “O Bloque insta á Xunta a que espabile, que se implique nesta situación e que lle lembre a Villar Mir que ten unha concesión de explotación das centrais sobre o río Xallas que non é a cambio de nada, senón a cambio de manter a actividade e os postos de traballo. E se se incumpre o que di esa concesión será o momento de sentarse a esixirlle que o faga e, senón, anunciar a reversión destas concesións”, argumenta Presas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-paralise-de-dous-fornos-e-a-retirada-de-materias-primas-avisos-previos-do-ere-de-ferroatlantica/

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios