Venres. 05.06.2020
El tiempo

Fotodesfeitas: Cadeira no río e lavadora na praia

Fotodesfeitas: Cadeira no río e lavadora na praia

Facemos hoxe unha doble denuncia, i é que non podemos deixar pasar máis tempo, pois os Concellos teñen que dar conta xa, destas desfeitas.

Imos pola zona de en pleno Cee, onde Marina Canosa se topou con esta estampa no río ao pasar polo lugar... A estampa podiase ver esta semana no río que pasa por detrás do local de Artesanías de Aspadex, a metros de polideportivo e do CEIP Eugenio López. Un bo exemplo para os cativos...

E pola volta cara Fisterra, paramos en Sardiñeiro, onde nos atopamos en plena area, con esta lavadora recén posta. Se ben toda a praia necesita unha limpeza xa nestes días de pre verán, o feito de servir de vertedoiro de electrodoméstivo xa é tremendo.

Outras novas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

comentarios