Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Fundación Fernando BLanco xa ten os gañadores dos seus VIII Premios Académicos

Premios Academicos Fernando Blanco
A Fundación Fernando BLanco xa ten os gañadores dos seus VIII Premios Académicos
A Fundación Fernando BLanco xa ten os gañadores dos seus VIII Premios Académicos

A Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee xa teñen os nomes dos gañadores dos VIII Premios Académicos “Fernando Blanco” correspondentes ao curso 2018-2019. Uns premios que serven, por un lado de recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes dos alumnos e alumnas, así como, ao mesmo tempo, recuperar una tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que no Capítulo XV do Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, establecíase que en cada materia impartida no centro, outorgaría.

Así, os mellores expedientes de cada curso levan premio. As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,83 e o 9,85. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee. As bases establecen que se entregarán 5 premios (1º F.P. Básica, 3o ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º Ciclo Superior). Dado que tanto en 1o de F.P. Básica como en 3º da ESO ningún alumno/a acadou o 8,5 esixido, e de acordo coas bases reguladoras, nesta edición os 5 premios académicos “Fernando Blanco” repartíronse entre 2º da ESO (1 premio), 1º de Bacharelato (2 premios) e 1º de Ciclo Medio (1 premios) e 1º de Ciclo Superior (1 premio).

Os premiados octava edición dos Premios Académicos “Fernando Blanco” foron:
  • Laura Cernadas Gómez (2º ESO)
  • Brais Velay Vázquez (1º BACHARELATO).
  • Xabier Larrañaga Ledo (1º BACHARELATO).
  • Constantina Casais Caramés (1º CICLO MEDIO - XESTIÓN ADMINISTRATIVA).
  • Alejandra Judith Cos Rodríguez (1º CICLO SUPERIOR - ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

Así, e gracias á colaboración de varias firmas comerciais (Estación de Servizo Bazarra, Abanca, O Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L., Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria), entregan un premio valorado en 500€ (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

Entrega emotiva

A cerimonia de entrega dos Premios celebrarase o venres 18 de outubro, ás 12 horas, no salón de actos do IES Fernando Blanco. Curiosamente, este ano o acto de entrega coincidirá co 223 aniversario do nacemento de Fernando Blanco de Lema, feito acontecido o 18 de outubro de 1796 en Cee.

Novas relacionadas

Comentarios