Venres. 19.04.2024
El tiempo

Goberno e oposición perfilan os orzamentos para o 2021 en Cee

Goberno e oposición perfilan os orzamentos para o 2021 en Cee

Este luns o goberno municipal de Cee convocou 4 comisións coa oposición. 4 comisións con contido que tiveron que ser debatidas nunha única sesión (“non lle podemos dedicar tempo de preparación”, denuncian dende a oposición), poñendo o foco na sesión plenaria deste venres ás 20:00. De feito, os asuntos tratados en 3 das comisións serán debatidas no pleno deste venres.

Sobre a primeira, a oposición non quere aprobar a cesión das competencias en materia de Policía Local á Xunta de Galicia, como xa amosou este verán rexeitando a mesma moción. “Non acepto ningún chantaxe deste tipo”, asegura Antonio Domínguez, voceiro do PP, explicando que si que é posible abrir un proceso de selección para a contratación dun auxiliar sen necesidade de cubrir unha das dúas prazas baleiras por xubilación.

Si terá o respaldo da oposición, polo menos como abstención, sobre o asunto da parcela de Brens afectada polo convenio coa Igrexa. A alcaldesa vai pedir a suspensión cautelar do aval.

Na terceira Comisión, sobre os plegos da contratación do servizo de recollida selectiva de lixo,o PP pediu unha semana máis para presentar enmendas para mellorar o plego, pero non se concedeu e a moción será tratada no pleno deste venres.

Orzamentos

A comisión máis importante da xornada foi a presentación do borrador dos Orzamentos de 2020. Os grupos da oposición pediron información sobre as partidas e solicitaron que se lle facilitase os datos das partidas do ano pasado para analizalas mellor, pensando na comisión da vindeira semana.

Por exemplo, dende o PP valoran a ampliación da partida para o Servizo de Axuda a Domicilio, pois hai 47 persoas na lista de espera, dependentes e grandes dependentes, a cifra máis alta da comarca. O PP estudiará se é suficiente.

Pola súa parte, o BNG amósase “dispostos a dialogar e tratar de chegar a un acordo beneficioso para a veciñanza de Cee”, pero pediron que se tomen en consideracións estas propostas:

  • Unha partida de 0,5% do orzamento total para Becas–bolsas de estudo para alumnado de primaria, Eso, bacharelato, ciclos formativos medio e superior e estudos de grao medio e superior”.
  • Un Plan de mantemento das depuradoras de augas residuais do rural.
  • Recuperar as subvencións as entidades culturais e veciñais. C
  • Pór en marcha un paquete de axudas aos autónomos e pimes do concello cunha partida, como mínimo, do 2 % do orzamento. E
  • Aumentar a partida a Fundación Fernando Blanco.
  • Engadir ao Atlético Pereiriña ao anexo de subvencións por convenio ao deportes, xa que o club volverá a competir en canto se reanuden as competicións.

Novas relacionadas

Comentarios